Os veciños dunha aldea de León non saben o que falan

29 ene 2012 0 comentarios

Os veciños de Quintaniella de Vilar non se poñen de acordo na lingua que falan. Nesta población da zona do Alto Berzo na provincia de León hai días que existe a polémica de onde teñen que dirixir as peticións dunha política lingüística acorde coa realidade da lingua que falan. Todo empezou no pleno do concello do mes pasado onde algunhas forzas políticas propuxeran solicitarlles axudas ás institucións para desenvolver a lingua do lugar. Ata aí todos de acordo. O problema chegou cando houbo que decidir cal era aquela lingua. Desde entón o lugar é un auténtico debate máis propio da Escola de Praga que dunha pequena aldea gandeira. Uns din que falan galego, outros castelán, outros que asturiano e non hai quen falta que di que a súa lingua é portugués. «Incluso hai un vello que di que fala suahili», dinos o alcalde da localidade don Pedro Falaxe.

O edil consultoulles os mellores especialistas en dialectoloxía co fin de aclarar o tema pero «a verdade é que non solucionan nada; cada un di unha cousa diferente». Así, nos informes enviados ata o momento, as informacións son diferentes e nalgún caso contraditorias. Pacu Porres, da Academia dela Llingua Asturiana, di que alí viven os descendentes máis directos de Pelayo e que falan a lingua daquel ilustre personaxe. O catedrático da Universidade de Iria Flavia, González Raíña, comenta que este pode ser o primeiro paso dunha expansión galega polo mundo en tempos pretéritos. E para alimentar máis o debate, profesores da Universidade de Valladolid din que esta lingua son os restos do castelán falado por pastores apartados de toda forma de civilización e un pouco atrasados mentais dos Montes de León.

¿A quen crer? Un dos habitantes do lugar, Noé Tendo, pastor e erudito local dinos: «Se eu non falo nada, entón serei mudo». En fin, a polémica está servida. ¿Que se fala nestes lugares apartados das provincias de León e Zamora? ¿Ten solución? Unha resposta déunola o señor Falaxe: «A min, mentras se entendan, déixolles falar o que lles dea a condenada gana».

Fuente: Alberto Flecha para el Diario de León

Debes estar registrado y con tu cuenta para poder insertar comentario o también usar tu usuario de Facebook para insertar tus comentarios:

Comenta esta noticia en Facebook

cerrar